Medio Rural emplaza al sector a hacer "propuestas realistas"

A Ribeira Sacra pide axuda á Xunta polos danos das xeadas nos cultivos

Medio Rural suxeriu ao sector que realice "propostas realistas" con obxecto de mellorar as subvencións
Heladas en Monfero
photo_camera Heladas en Monfero

O Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeira Sacra tomou a decisión de remitir á Consellería de Medio Rural, a solicitude de axudas para combater as perdas ocasionadas polas xeadas do mes de abril nos distintos cultivos da comarca.

Segundo informou o organismo, a principios de maio xa facilitou os datos conforme as zonas afectadas, que salientan de forma pormenorizada en: o Val de Quiroga, o Val do Cabo, algunhas zonas de Abeleda xunto a Parada do Sil, e en lugares puntuais da Ribeira de Vilachá e Forcadas.

O Consello recorda tamén no comunicado que as zonas mencionadas pertencen a CERVIM, a asociación europea de viños de montaña, e aproveita para recordar que este cultivo é "especialmente sensible", polo que resulta "imprescindible a implicación da Administración" ante este tipo de catástrofes.

Comentarios