Melendi, pai por terceira vez

Lola é a terceira filla do cantante asturiano, a primeira da súa relación coa arxentina Julia Nakamatsu
Melendi
photo_camera Melendi

Melendi volveu a ser pai, por terceira vez. Así o anunciou Livia Nakamatsu, irmá da súa parella, e nai da nena, Julia Nakamatsu, a través dun tuit no que precisaba "O mellor agasallo que un irmán che pode dar. Feliz día para min".

Lola é o nome da primeira nena froito desta relación, aínda que Melendi xa coñecía a paternidade, xa que é pai doutros dous nenos, Carlota, de nove anos, nacida dunha relación anterior, e Marco, de de catro, do seu noivado coa Dama.

Melendi e Julia coñecéronse no verán de 2014, cando o cantante estaba de xira por Latinoamérica. Acababa de romper con Dama tras nove anos de relación e caeu rendido aos encantos da arxentina Nakamatsu.

Comentarios