Morre Antonio Gasset aos 75 anos

Dirixiu e presentou o mítico programa 'Días de cine'
Antonio Gasset. TVE
photo_camera Antonio Gasset. TVE

O xornalista e crítico de cine Antonio Gasset, coñecido por ser o presentador de Días de cine en TVE, faleceu este mércores aos 75 anos, segundo confirmou a Academia de Cine.

O seu periplo en Días de cine comezou en 1994, co de director e Aitana Sánchez-Gijón de presentadora, á que substituíu un ano despois. O último programa dirixido e presentado por Gasset foi en 2007, cando o xornalista se acolleu a un expediente de regulación de emprego en RTVE.