lunes. 27.09.2021 |
El tiempo
lunes. 27.09.2021
El tiempo

Morre o debuxante Carlos Romeu, fundador de El Jueves e "pai" de Miguelito

Carlos Romeu. RTVE
Carlos Romeu. RTVE
"Perdemos un pai"

O debuxante e humorista gráfico Carlos Romeu Müller, un dos fundadores da revista satírica El Jueves e creador de personaxes como Betty e Miguelito, faleceu aos 73 anos, segundo informou a publicación nas redes sociais.

"Perdemos a un pai", afirma El Jueves na súa mensaxe nas redes, no que recorda que Romeu fundou a revista xunto a TOM e José Luís Martín.

A publicación destaca tamén: "Déixanos un mestre do humor gráfico, pai tamén de personaxes como Betty e Miguelito". "Un abrazo, compañeiro, alá onde esteas", conclúe a revista.

Carlos Romeu Muller naceu en 1948 en Barcelona. Fillo dun catalán dedicado ao sector téxtil e de nai francesa, estudou profesorado mercantil pero deixou os estudos para iniciar os de Artes e Oficios, aínda que tampouco chegou a acabalos.

Durante a súa traxectoria como debuxante e humorista colaborou con numerosas revistas e diarios, como Por Favor, Triunfo, Interviú, Play Boy, El Jueves ou El País, xornal onde publicou as súas tiras cómicas de Miguelito durante máis de tres décadas.

Morre o debuxante Carlos Romeu, fundador de El Jueves e "pai" de...
comentarios
ç