No epicentro da 'Semana Capicúa'

O 2015 -en combinación co calendario anglosaxón- está a caracterizarse por ser o ano dos números e dos datos especialmente curiosos, deleite dos máis 'frikis' na materia. Se o 14 de marzo vivimos o 'Día de Pi' máis exacto do século, ¿sabías que nesta segunda semana do mes de maio todas as datas poden lerse indistintamente do dereito e do revés? Os máis espabilados xa celebran desde hai días nas distintas redes sociais a 'Semana Capicúa' ou a 'Semana do Palíndromo', sen dúbida, unha das máis curiosas de todo o ano

Quizais algúns aínda non o descubriron, prol esta segunda semana completa de maio de 2015 sorpréndenos cun dato curioso: todos os días, do 10 ao 17 de maio pódense ler igual ao dereito que ao revés, converténdose en números capicúa e dando lugar á #SemanaCapicúa do ano, tal e como desvela unha información de Europa Press no seu portal web.

O 2015 está a caracterizarse por ser o ano dos números e dos datos curiosos. Aínda que o 14 de marzo - o Día Pi -, o calendario anglosaxón converteu a celebridade en todo un deleite para os máis frikis da materia, podendo ser testemuñas do Día de Pi máis exacto do século: 3/14/15 ás 9:26:53 (un dato que só sucede unha vez cada 100 anos); agora, en maio, de novo o calendario anglosaxón deléitanos coa semana capicúa.

Así o fixo público un usuario de Twitter o domingo pasado e así é como podemos ler a data na que estamos: 05/12/15 - no calendario anglosaxón-, do mesmo xeito, tanto de esquerda a dereita, como de dereita a esquerda. Aínda que se entende mellor se o vemos sen barreiras: 051215.

Aínda que algúns a chamen a semana do palíndromo - entendéndose como palabra ou frase que le igual de esquerda a dereita, que de dereita a esquerda, segundo a RAE - o certo é que para ir en consonancia coa exactitude dos números cos que nos deleita esta semana, o correcto sería chamala a semana capicúa - referido a calquera número que empeza polo mesmo número que acaba.

Comentarios