O actor John Goodman xa perdeu 60 quilos e quere continuar baixando peso

Renunciou ao alcol e ao chocolate e xa está en 120 quilos. Pero recoñece que lle custou moito sacrificio
John Goodman
photo_camera John Goodman

John Goodman é un home bo... e novo. Pasou de pesar 180 quilos a rozar os 120. E promete seguir adelgazando, aínda que recoñece que lle custou moito. Para iso tivo que renunciar ao alcol e ao chocolate, que lle apaixona.

Aos seus 63 anos, o protagonista de películas como 'The Artist' ou 'Argo', decidiu cambiar de hábitos e apostar pola vida sa. "Adoitaba facer dietas de tres meses nas que perdía 20 quilos pero despois sentíame ben e recompensábame con doces", confesa.

"Un día levanteime, mireime ao espello e non me recoñecín", di Goodman, que nese momento entendeu que debía facer algo. E púxose ao choio.

Comentarios