O waterpolista español Víctor Gutiérrez fai pública a súa homosexualidade

O deportista, que xogou coa selección española e se perfíla como un dos posibles preseleccionados para os Xogos de Río, "sente a responsabilidade de dar a cara"
Víctor Gutiérrez, en la portada de la revista Shangay
photo_camera Víctor Gutiérrez, en la portada de la revista Shangay

O waterpolista internacional español Víctor Gutiérrez, de 25 anos, fixo este luns pública a súa homosexualidade alegando que, como deportista gai, "sente a responsabilidade de dar a cara" e compartir as súas experiencias positivas. "Levaba pensando facelo bastante tempo, pero non me vía coa madurez necesaria, nin deportiva nin persoal", desvela nunha entrevista concedida á revista Shangay.

Agora considera que chegou o momento. Xa se atopa "fóra do armario" na súa contorna e recoñecelo publicamente parécelle o seguinte paso. "A miña familia sabe que son gai, os meus amigos tamén. E estou a vivir dun xeito tan positivo a miña sexualidade que sentín a responsabilidade de compartilo cos demais", resumiu.

Xogador do Real Canoe, Gutiérrez participou nos dous últimos partidos da selección española de waterpolo na liga Mundial. Ademais, perfílase como un dos posibles integrantes da lista de preseleccionados para os Xogos Olímpicos de Río que o seleccionador Gabi Hernández fará pública nas próximas semanas.

Comentarios