domingo. 17.01.2021 |
El tiempo
domingo. 17.01.2021
El tiempo

A Onu elimina o cannabis medicinal da lista de drogas máis perigosas

Planta de cannabis. ARQUIVO
Planta de cannabis. ARQUIVO
Figuraba xunto a opiáceos perigosos e altamente adictivos como a heroína

A Comisión de Estupefacientes de Nacións Unidas (CND, polas súas siglas en inglés) adoptou este mércores unha serie de decisións sobre a fiscalización internacional do cannabis e as sustancias relacionadas con esta sustancia con fins medicinais. En concreto, decidiu retirala da Lista IV da Convención sobre drogas de 1961, a categoría das drogas máis perigosas, onde figuraba xunto a opiáceos perigosos e altamente adictivos como a heroína. 

En xaneiro de 2019, a Organización Mundial da Saúde (OMS) formulou unha serie de recomendacións para modificar o alcance da fiscalización do cannabis. En concreto, a indicación da OMS era suprimir o cannabis e a resina de cannabis da Lista IV da Convención de 1961, pero mantela na Lista I. Este mércores, a Comisión de Estupefacientes decidiu, por 27 votos contra 25 e unha abstención, seguir esta recomendación da OMS. 

En consecuencia, o cannabis e a resina, ao permanecer na Lista I da Convención de 1961, considéranse dentro das "sustancias que son moi adictivas ou de probable uso indebido, e precursores que se poden converter en estupefacientes que son igualmente adictivos e tamén de probable uso indebido". Neste apartado atópanse opio, heroína, cocaína, folla de coca ou oxicodona. 

Por outra banda, a Comisión rexeitou por 23 votos contra28 con 2 abstencións a recomendación de engadir o derivado de cannabis tetrahidrocannabinol (THC), o principal constituínte psicoactivo do cannabis, á Lista I da Convención de 1961, o que faría máis estritos algúns controis. 

A Onu elimina o cannabis medicinal da lista de drogas máis perigosas
comentarios