Os pais gastarán entre 36 e 324 euros en máscaras para a volta a cole

O maior gasto prodúcese en Primaria nos colexios públicos e concertados, e en Secundaria nos centros privados
comienzo colegio ceip barcelos pontevedra
photo_camera Volta ao cole no CEIP Barcelos. DAVID FREIRE

A Organización de Consumidores e Usuarios (OCU) asegurou este venres que a volta ao cole suporá de media un gasto de 1.937 euros por fillo e que, ademais dos gastos habituais, deberán gastar entre 36 e 324 euros ao ano en máscaras, dependendo do tipo e do establecemento que elixan. 

Os pais de alumnos que acudan a un centro público gastarán 1.071 euros por fillo, quen vaian a un concertado 2.622 euros e quen acudan a un centro privado 6.123 euros, segundo a enquisa a 1.495 familias con fillos entre 3 e 18 anos co fin de coñecer cal é a previsión do gasto que terán na volta ás aulas. 

As cifras son practicamente as mesmas que no curso pasado, pois descenderon de forma leve nos centros públicos e privado, e aumentado lixeiramente no concertado, concluíu a OCU. 

O maior gasto prodúcese en Primaria nos colexios públicos e concertados, e en Secundaria nos centros privados. Pola contra, o menor gasto dáse en Secundaria en centros públicos e concertados e no Bacharelato nos privados. 

Este ano os pais deberán sumar o gasto en máscaras, cuxo uso é obrigatorio para os nenos maiores de 6 anos, e oscilará entre os 36 e os 324 euros dependendo do tipo de máscara e o establecemento onde se compra. 

As máscaras cuxo uso resulta máis barato son as reutilizables ou lavables cun custo medio de 6 euros ao mes (certificadas coa norma UNE 0065 ou ISO 9237, usándoas 20 días lectivos ao mes e lavándoas a diario). Se se opta por máscaras cirúrxicas desechables o custo podería alcanzar os 36 euros ao mes. 

A OCU aconsellou adquirir máscaras dunha talla adecuada para cada neno co obxectivo de que o uso sexa o máis correcto. Dentro dos gastos iniciais para volver ao colexio, a partida máis elevada corresponde a libros de texto, que vai dos 159 euros de media entre quen acudan a un colexio público, os 217 euros nun concertado, ata os 236 euros nun privado. 

Outros gastos mensuais como son a cota escolar/achegas voluntarias, actividades extraescolares, comedor/almorzo e transporte/ruta: a media é de 82 euros ao mes para quen vaian a colexios públicos, 231 euros para os concertados e de 610 euros para privados. 

Moitas familias veranse obrigados a adquirir material informático para que os nenos poidan seguir as clases online e o equipamento necesario, de acordo cos comparadores de OCU, ten un custo mínimo de 175 euros. 

A OCU recordou que é posible aforrar coa volta ao cole, sobre todo en libros e material escolar, e ofrece unha serie de recomendacións para conseguilo.

Comentarios