Paz Padilla fala sobre a súa noite de pesadelo

A presentadora destapou como viviu o roubo que sufriu na súa casa, asegurando que incluso chego a escoitar "disparos no xardín"
Paz Padilla durante el programa 'Sálvame', que ella presenta
photo_camera Paz Padilla durante el programa 'Sálvame', que ella presenta

A presentadora de televisión Paz Padilla non se mordeu a lingua en Radioset ante o seu compañeiro Omar Suárez. A popular cómica atreveuse a narrar unha das súas peores noites, na que sufriu un roubo na súa casa.

Padilla explica que se encontaba en casa, "vendo a tele" ás 2 da mañá logo de chegar dunha cea. Foi entón cando soou o timbre da súa porta e atopouse fronte a ela á Policía, que lle pediu que acendese as luces do xardín.

Pouco despois a presentadora asegura que escoitou disparos e que ante esta situación non dubidou en seguir unha clara estratexia: "Eu vin moitas películas de 'cowboy' e eu vexo que as balas atravesan o cristal e matan á xente que hai dentro. Entón eu dixen "hai que protexerse" e collín á nena e metina na cheminea porque pensei que ao ser un lugar que estaba recuberto de ladrillos, que aí resistiría os tiros".

Por sorte para Paz Padilla e a súa filla o roubo acabou frustrado grazas aos policías e todo quedou nun susto dunha mala noite.

Comentarios