lunes. 28.09.2020 |
El tiempo
lunes. 28.09.2020
El tiempo

Galiza ou Galicia? ► A polémica da nomenclatura sacode as redes

O debate da nomenclatura sacode as redes. DP
O debate da nomenclatura sacode as redes. DP
Centos de usuarios de Twitter debaten sobre a pertinencia de empregar cada nomenclatura

O pasado venres, en pleno Día da Constitución española, saltou a polémica nas redes a partir dun chío que se volveu viral en poucos minutos. Un usuario criticaba a adopción da nomenclatura castelá para as comunidades autónomas con lingua propia, isto é, empregar 'Galicia', 'País Vasco' ou 'Comunidad Valenciana' no canto de 'Galiza', 'Euskadi' ou 'País Valencià'.

De súpeto, desatouse en Twitter unha intensa batalla dialéctica entre defensores e detractores desta proposta. Por unha banda, os usuarios que apelaban ao carácter plurilingüístico do Estado para razoar a validez da nomenclatura propia de cada idioma. No extremo oposto, quen defendían que, do mesmo xeito que se traducen ao castelán 'France' ou 'Deutschland', a forma correcta debería ser 'País Vasco' ou 'Islas Baleares'.

CAL É A CORRECTA?

A Constitución de 1978 declara que o castelán é a lingua oficial do Estado, ao tempo que garante o estatus de cooficialidade do galego, o catalán e o euskera nas súas respectivas comunidades autónomas. A Carta Magna recolle tamén que a variedade lingüística de España é un "patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección". Para determinar a validez de cada termo habería que recorrer ao estatuto de autonomía de cada rexión.

O texto galego, que data de 1981, recoñece unicamente 'Galicia' como forma oficial, tanto en galego coma en castelán, unha decisión non exenta de polémica ao longo dos anos. 

En Cataluña, en cambio, a forma oficial en lingua catalá é 'Catalunya'. Este é o nome que recibe por parte de todas as institucións da comunidade, mais o seu estatuto de autonomía só recolle a variante castelá.

Para referirse ao territorio valenciano, segundo o seu estatuto, pódense empregar indiferentemente as formas 'Comunidad Valenciana' e 'Comunitat Valenciana', pero non 'País Valencià', un termo que si aparecía reflectido no primeiro borrador do citado estatut.

Así as cousas, o texto vasco expón a validez de ambas formas: "[...] se constituye en Comunidad Autónoma dentro del Estado Español bajo la denominación de Euskadi o País Vasco". Tamén fai alusión á súa poboación como 'Pueblo Vasco' e 'Euskal-Herria'.

Galiza ou Galicia? ► A polémica da nomenclatura sacode as redes
comentarios