'Ponte en Danza' saca a bailar a cidade

A Boa Vila acolleu este domingo unha xornada dedicada á arte da expresión corporal con motivo da celebración do seu día. A choiva obrigou a trasladar as actividades a espazos cubertos aínda que estaban pensadas para o exterior
Algunos de los momentos de las exhibiciones de las diferentes escuelas en el Pazo da Cultura.
photo_camera Algunos de los momentos de las exhibiciones de las diferentes escuelas en el Pazo da Cultura.

A choiva non evitou que Pontevedra celebrase o Día Internacional da Danza por adiantado o domingo con talleres de e exhibicións de baile. Aínda que a efeméride celébrase o 29 de abril, a organización decidiu festexala onte para que non coincidise cun día laborable. Pero as condicións climáticas non permitiron que a xornada transcorrese con normalidade e o programa de Ponte en Danza tivo que trasladarse a outros puntos da cidade cubertos.

Deste xeito, a escola de danza Fita Novás acolleu os talleres de ballet e danza contemporánea que nun principio estaban previstos para a Praza da Ferraría e o Centro Cultural Monte Porreiro os de baile moderno e hip hop, que se pensaron para celebrar na Avenida Montero Ríos. A idea era encher a cidade de baile pero a choiva non o permitiu.

Ademais, para finalizar o día celebráronse varias exhibicións de danza a cargo de varias escolas de Pontevedra e do resto da comunidade. Despois tivo lugar un taller de zumba co que os participantes despediron a xornada de celebración. Estas actividades tamén tiveron que trasladarse da Praza da Ferrería ao Pazo da Cultura.

A data da celebración do Día Internacional da Danza conmemora o nacemento de Jean Georges Noverre, considerado o máis grande coreógrafo da súa época que deu lugar ao baile moderno. O evento estivo organizado polas academias de baile Deborah, de Pontevedra, e Danz’it.es, de Meis, coa colaboración da concellería de Cultura.

Comentarios