A pontevedresa Ketty Fresneda entra na nova edición de Masterchef

O talent show culinario vén de seleccionar aos seus 15 concursantes finalistas de entre milleiros de aspirantes de toda España

Masterchef
photo_camera A pontevedresa Ketty Fresneda. TVE

A moza de orixe cubana afincada en Pontevedra Ketty Fresneda é unha das 15 seleccionadas para participar na nova edición do talent show culinario Masterchef. A rapaza, que tivo que cociñar unhas zamburiñas no casting final, recibiu a nova de que entraba acompañada pola súa parella no plató, o mozo que, segundo contou, é o responsable de que se trasladara de Cuba a Galicia.

É a segunda participante pontevedresa do reality tras o paso de Churra no 2014.
 

Comentarios