Propoñen facer un apagamento a RTVE o vindeiro luns polo seu "desprezo ao galego"

A Mesa lanza esta iniciativa un día despois da polémica imitación do acento galego en 'Masterchef'
Pepe Rodríguez y Samantha Vallejo-Nájera. EP
photo_camera Pepe Rodríguez y Samantha Vallejo-Nájera. EP

A Mesa pola Normalización Lingüística, a través do seu presidente, Marcos Maceira, pediu que o próximo 11 de outubro todos os galegos se sumen a un "apagamento" a RTVE, en protesta polo "desprezo ao galego" e a súa pouca presenza na canle pública 

Esta acción, que se enmarca dentro da campaña Queremos audiovisual en galego, chega un día despois de que se fixera viral a imitación do acento galego que fixeron os presentadores de Masterchef Celebrity 6, un episodio que indignou a moitos espectadores da comunidade.

Desde A Mesa lembran que RTVE, que dispón de cinco canle, só emite 39 minutos ao día en galego, os do informativo territorial.

"Humor casposo". "Una burla". "Insultante". Estos son solo algunos de los calificativos que se pudieron leer en las redes sociales tras la emisión, durante la úlitma entrega de MasterChef Celebrity 6, cuya prueba de exteriores se desarrolló en A Coruña.

SABER MÁS | investigan un programa de TV3 por decirse "Hablo en castellano, que así parezco más malo"

O motivo que provocou a indignación entre algúns espectadores foi a imitación do acento galego que fixeron os chefs que presentan o popular concurso de cociña en TVE.

Victoria Abril se derrumba al hablar de su madre en 'Masterchef': "Me pidió la eutanasia"

En concreto, nun momento que se viralizou en redes, Pepe Rodríguez e Samantha Vallejo-Nájera trataron de vender percebes coma se fosen galegos. E o resultado foi máis ben ridículo, con intento errado de imitar o acento e un rosario de clixés nos que se apoiaron. "Samantiña, mi abuelo era de Porriño y fue persebeiro de toda la vida", dicía o cociñeiro, ante o rostro de incredulidade de Jordi Cruz.

Comentarios