viernes. 17.09.2021 |
El tiempo
viernes. 17.09.2021
El tiempo

A raíña Letizia atrasa o momento da súa vacinación

Letizia Ortiz. ANTONIO GUTIÉRREZ (EFE)
Letizia Ortiz. ANTONIO GUTIÉRREZ (EFE)
A Casa Real apunta que a decisión é persoal e alega que cada un é libre de elixir o momento para inmunizarse

A raíña Letizia aínda non se vacinou. Atópase entre o 5,6 por cento dos madrileños que con máis de 45 anos aínda non puxeron a primeira dose.

A Casa Real apunta que a decisión é persoal e alega que cada un é libre de elixir o momento para inmunizarse, pois o sistema sanitario madrileño permite atrasar a cita. Tamén indicou que non hai ningún problema e que se dará a coñecer cando se produza.

Os madrileños da franxa de idade á que pertence a raíña (naceu en 1972) empezaron a ser citados para a súa primeira dose a finais de xuño. A xornalista Sonsoles Ónega, amiga persoa de dona Letizia, asegurou que a monarca vacinarase, sen aclarar cando, e insistiu en que é unha defensora da ciencia e da necesidade de inmunizarse fronte ao covid.

A raíña Letizia atrasa o momento da súa vacinación
comentarios
ç