Robert Downey Jr. repite como actor mellor pagado, segundo Forbes

Séguelle Jackie Chan, quen participou en 'Dragon Blade', e Vin Diesel, protagonista da saga 'Fast and Furious'
Robert Downey Jr., posando para los medios a su llegada al estreno europeo de "Los Vengadores: la era de Ultrón'
photo_camera Robert Downey Jr., posando para los medios a su llegada al estreno europeo de "Los Vengadores: la era de Ultrón'

O actor Robert Downey Jr. volve ser por terceiro ano consecutivo o intérprete masculino mellor pagado do mundo, cunhas ganancias calculadas en 80 millóns de dólares, segundo a revista Forbes.

Os ingresos de Downey Jr. soben como a espuma grazas ao seu papel en Avengers: Age of Ultron, que recadou nos cines 1.400 millóns de dólares, e a súa próxima aparición en Captain America: Civil War, pola que se embolsou 40 millóns de dólares.

En segundo lugar do ranking de Forbes  aparece esta vez Jackie Chan, cunhas ganancias calculadas por Forbes nuns 50 millóns de dólares, debido á súa participación na película Dragon Blade xunto a Adrien Brody e John Cusack.

A medalla de bronce recae en Vin Diesel, con 47 millóns de dólares, principalmente grazas á súa interpretación de Dominic Toretto na saga Fast and Furious, cuxa última entrega recadou xa 1.500 millóns de dólares.

Outra das estrelas máis cotizadas do momento, Bradley Cooper, queda este ano relegado a un cuarto posto, con 41,5 millóns de dólares, con cintas tan distintas como Aloha ou American Sniper, segundo destacan os responsables de Forbes .

A moi pouca distancia, cuns ingresos de 41 millóns de dólares nos últimos doce meses, aparece en quinto lugar Adam Sandler, por diante doutro veterano da lista, Tom Cruise (6), cuns 40 millóns de dólares.

Os tres seguintes postos son para tres estrelas de Bollywood, Amitabh Bachchan (7) e Salman Khan (8), ambos con 33,5 millóns de dólares, e Akshay Kumar (9), con 32,5 millóns, e pecha o top ten Mark Wahlberg, con 32 millóns.

Finalmente, respecto da lista publicada hai un ano pola revista, desaparecen do selecto grupo estrelas como Dwayne Johnson (11), con 31,5 millóns de dólares e Leonardo DiCaprio (13), con 29 millóns.

Comentarios