Sanidade retira seis lotes dun medicamento para a hipertensión arterial

Trátase de Irbesartan combix 
Medicamentos

A Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios (Aemps) do Ministerio de Sanidade emitiu unha alerta de retirada, por impurezas por encima do seu límite aceptado, de seis lotes en distintas presentacións de Irbesartan Combix, un medicamento para o control da hipertensión. 

Concretamente trátase de dous lotes (M000689 con data de caducidade 31/03/2023 e M012157 con data de caducidade 30/11/2023) de Irbesartan Combix 300 mg; dous lotes (M010064 con data de caducidade 31/07/2023 e M100406 con data de caducidade 31/01/2024) de Irbesartan Combix 75 mg; o lote M011549 con data de caducidade 31/08/2022 de irbesartán/hidroclorotiazida combix 150 mg/12,5 mg; e o lote M015999 con data de caducidade 30/11/2022 de irbesartán/hidroclorotiazida pharma combix 300 mg/25 mg. 

A Aemps solicitou a retirada do mercado de todas as unidades distribuídas dos lotes afectados e devolución ao laboratorio polas canles habituais; e ás comunidades autónomas que fagan un seguimento da retirada. 

Comentarios