Sanidade alerta de que desinfectar con ozono e luz ultravioleta é prexudicial para a saúde

Aconsella un uso "controlado" para evitar que se produzan danos oculares, na pel, ou irritación das vías respiratorias
Un bombero de Fuenlabrada desinfecta un comercio con un aparato de ozono. EFE
photo_camera Un bombeiro de Fuenlabrada desinfecta un comercio cun aparello de ozono. EFE

O Ministerio de Sanidade alertou ede a falta de evidencia sobre a eficacia dos dispositivos de luz ultravioleta ou de ozono para a desinfección do Covid-19 e, ademais, dos riscos que o seu uso implica para a saúde. Sanidade destaca que esa clase de dispositivos "poden reducir a poboación de virus dunha superficie", pero engade que se descoñece se esa redución é "suficiente para conseguir a desinfección".

Segundo o departamento que dirixe Salvador Illa, con todo, a luz ultravioleta ou o ozono "implican riscos para a saúde" que poden manifestarse en "danos oculares, na pel ou irritación das vías respiratorias". Xa que logo, aconsella un uso "controlado" de ambos os dispositivos, o que esixe, por unha banda, que o persoal que os utilice acredite formación profesional e, por outra, que conten co equipamento adecuado.

Sanidade insiste en que esta clase de radiación "pode dar lugar a problemas para a saúde e a seguridade humanas", así como "producir unha desactivación insuficiente dos axentes infecciosos", e conclúe que non debe usarse no fogar e en ningún caso para "desinfectar a pel". Nesa liña, recorda que "a medida máis eficaz para a prevención de infeccións segue sendo o lavado de mans, a protección con máscara, a distancia social, a limpeza con deterxentes e desinfectantes e a aplicación de biocidas autorizados".

Comentarios