Sanidade comeza a administrar a nova vacina contra o virus do papiloma

Recibirana as nenas de 12 anos e substitúe a anterior no calendario infantil ao achegar "un 10% máis" de prevención contra casos de cancro
Una chica recibe la vacuna contra el virus del papiloma humano. AEP
photo_camera Unha moza recibe a vacina contra o virus do papiloma humano. AEP

A Consellería de Sanidade comeza este luns a administrar ás nenas de 12 anos a nova vacina nonavalente contra o virus do papiloma humano (VPH), que substitúe no calendario infantil á vacina bivalente que se está aplicando na actualidade debido a que a primeira "achega un 10% máis de prevención de casos de cancro", xa que protexe contra sete xenotipos do virus e, ademais, contra as verrugas xenitais. 

Desta forma, segundo informou a Dirección Xeral de Saúde Pública, as menores que cumpran 12 anos e que aínda non comecen a vacinación fronte ao VPH recibirán dúas dose da nova inxección, cun intervalo mínimo entre ambas de cinco meses. Se a pauta se inicia nas maiores de 14 anos, as doses serán tres. 

En tratamentos xa empezados, finalizarase a vacinación co mesmo fármaco co que se iniciou, sempre que sexa posible. En caso contrario, administrarase a vacina nonavalente para finalizar o réxime, seguindo as normas marcadas en cada caso por Sanidade. 

Entre as recomendacións para os grupos de risco, a Xunta amplía ata os 45 anos a indicación de vacina nonavalente nas persoas con VIH, en homes homosexuais, en persoas que exerzan a prostitución e en mulleres con transplantes de órgano sólido ou de proxenitores hematopoéticos.
 

Comentarios