A terceira dose aumenta o número de anticorpos e é eficaz contra ómicron

Son as conclusións dun estudo do Instituto Carlos III
Una dosis de la vacuna del covid. EFE
photo_camera Una dosis de la vacuna del covid. EFE

A administración da terceira dose aumenta o número de anticorpos fronte ao coronavirus, tanto nas persoas que pasaron a infección como nas que non, e é tamén eficaz para a variante ómicron, segundo os primeiros resultados dun estudo do Instituto Carlos III.

Na rolda de prensa posterior ao Consello Interterritorial do Sistema Nacional de Saúde deste mércores, o director do centro de investigación, Cristóbal Belda, explicou que no estudo participaron 1.200 maiores de 65 anos e o seu obxectivo era responder a canto dura a inmunidade inducida polas vacinas.

"Claramente, existe un aumento do número de anticorpos que se xera nas persoas tras a terceira dose. Este incremento é común ás persoas que pasaron ou non a infección. Polo tanto, a terceira dose é eficaz en aumentar os anticorpos; ademais é eficaz contra ómicron, incrementando a súa eficacia ata en dez veces fronte á non administración da terceira dose", engadiu.

De acordo co estudo, que se realizou ao longo dos últimos catro meses e que continúa aberto, o aumento dos anticorpos totais tras a terceira dose é de ata vinte veces máis nos maiores de 65 anos.

Ademais, estes anticorpos funcionan fronte a ómicron e delta (17 veces máis no primeiro caso e dez veces máis no segundo), explicou o director do Carlos III, quen engadiu que a inmunidade celular mantense tras a terceira dose. 

Comentarios