Rosalía consegue o número 1 en España na primeira semana de 'TKM'

É a segunda vez que a artista conquista un logro así. A primeira vez foi con Con altura
Rosalía, junto a Travis Scott.INSTAGRAM
photo_camera Rosalía, xunto a Travis Scott.INSTAGRAM

Rosalía conseguiu con TKN, o tema no que colabora o músico estadounidense Travis Scott, un novo número 1 en España, o terceiro xa tras Yo x Ti, Tú x Mí con Ozuna e o segundo co que o consegue de xeito directo logo de Con altura con J Balvin.

Acredítao a lista oficial das cancións de maior éxito en España, elaborado por Promusicae cos datos relativos á semana do 29 de maio ao 4 de xuño, na que a catalá se impuxo a outra potente estrea, o de Hasta que Dios diga, que uniu a Anuel AA e Bad Bunny e que debuta no segundo lugar.

O bronce en cancións é para a remestura de La jeepeta, de  Nio García, Myke Towers e Brray e de novo Anuel AA, quen ademais coou outros dous temas inéditos máis no "top 10": Fútbol & Rumba con Enrique Iglesias, que se estrea no sexto lugar, e Jangueo con Tego Calderón, que vai ao oitavo posto.

O éxito do portorriqueño é case rotundo, xa que se alzou ademais coa coroa na lista dos álbums con maior número de reproducións grazas ao seu disco Emmanuel, posto que non conseguiu Chromatica, o esperado novo álbum de Lady Gaga, que entrou ao terceiro lugar.
Entre ambos, mantense forte a outra estrela latina do momento, o tamén portorriqueño Bad Bunny con LAS QUE NO IBAN A SALIR, logo de catro semanas en lista. Co seu outro álbum de recente lanzamento, YHLQMDLG, mantense na quinta praza.

Non hai máis novidades nese top 10, no que o resto de postos ocúpanos Colores de J Balvin (4º), 1 OF 1 de Sech (6º), Easy Money Baby de Myke Towers (7º), Prisma de Beret (8º), Future Nostlgia de Dua Lipa (9º) e Por primeira vez de strong <>Camilo (10º). 

Máis aló das posicións de honra, cabe sinalar que Golden do DJ e produtor Kygo debuta no posto duodécimo, Posible de Bunbury no décimo sexto e Mala de La Mala Rodríguez, o seu primeiro álbum de estudo en sete anos, no décimo oitavo lugar.

Comentarios