Trasladan a Lamar Odom a un hospital dos Ánxeles ante a súa melloría

Recupérase acompañado de Khloé Kardashian dos seus excesos nun bordel das Vegas

A melloría na condición de saúde do exaleiro dos Lakers da NBA Lamar Odom permitiu na noite do luns o seu traslado en helicóptero do hospital das Vegas onde se atopaba internado a outro dos Ánxeles, de acordo á información ofrecida pola canle de televisión ESPN.

A citada fonte xornalística sinala que Odom estivo acompañado pola súa esposa Khloé Kardashian, que non se apartou do seu carón a pesar de que agora ela ten outra parella, posto que decidiran separarse.

O traslado de Odom requiriu da utilización dun helicóptero que tivese o espazo suficiente para que puidese entrar unha padiola coas medidas do exxogador que son de 2,07 metros de alto.

Odom estivo hospitalizado nas Vegas tras pasar tres días de festa nun bordel no que consumiu cocaína e potenciadores sexuais, o que o puxo ao bordo da morte.

Comentarios