Un acertante de Foz logra un premio de 253.000 euros na Bonoloto

É o segundo premio de relevancia repartido na vila mariñá no prazo de sete días

Un único acertante de primeira categoría (6 acertos) de Foz (Lugo) obtivo un premio de 253.608,36 euros no sorteo e escrutinio de Bonoloto correspondente ao 10 de setembro e celebrado en Madrid.

O boleto gañador foi selado no despacho número 49.145, situado na Avenida da Mariña, 32, de Foz.

A combinación gañadora estaba formada polos números 1 - 7 - 30 - 36 - 38 - 41. Complementario é o 25 e reintegro, para o 4.

Éste é o segundo premio de importancia repartido nunha semana en Foz, xa que na localidade vendéronse dous décimos do primeiro premio da Lotería do Xoves do pasado 4 de setembro.

Comentarios