Un xubilado creu gañar 7,5 euros na Primitiva cando en realidade lle tocaran 33 millóns

Un xubilado de Cambrils (Tarragona) gañou 33 millóns de euros no Gordo Primitiva, un dos maiores premios individuais que deu este sorteo, e non 7,5 euros como el cría debido a un erro no teletexto televisivo.

Segundo informou o Diario de Tarragona, este xubilado levou o boleto varios días no peto pensando que só lle tocaron 7,5 euros, por culpa dun erro no teletexto televisivo. Cando finalmente foi a cobrar o boleto deuse conta de que lle tocaron un total de 33 millóns de euros e non os 7,5 que el pensaba, co que incluso conseguiu que lle abrisen o sábado unha oficina bancaria para asesorarlle.

O boleto premiado fora selado na Administración número 1 de Salou (Tarragona), situado na rúa Barcelona, pero o afortunado vive en Cambrils.

Comentarios