Un ribeiro ourensán, entre os '100 Mellores Viños do Mundo'

Un viño da adega ourensá da denominación Ribeiro, Coto de Gomariz, foi seleccionado entre os 100 Mellores Viños do Mundo polo seu caldo The flower and the bee (A flor e a abella).

A revista estadounidense Wines % Spirits Magazine elixiu este viño The Flower and the Bee Treixadura, no seu top 100, que reúne a aquelas adegas de todo o mundo que obtiveron as mellores notas globais en diferentes catas realizadas ao longo do ano.

Así, segundo apuntaron fontes da adega, a lista inclúe a algunhas das máis prestixiosas adegas en España como Matarromera, Emilio Moro, Penfols, Krug, Louis Roederer e a tres adegas galegas: Zárate en Rías Baixas, Quinta da Muradella en Monterrei e Coto de Gomariz no Ribeiro.

Este premio outórgase non só en función das calidades do viño, senón tamén pola "relación calidade-prezo, en tempos de crises".

Neste caso, o caldo elixido é "un tinto de uva autóctona: Sousón, unha uva pouco coñecida" que a adega intenta recuperar no val coñecido como "a milla de ouro" do Ribeiro, no século IX, e que conta cunhas "condicións únicas no mundo para o cultivo da vide".

Tras coñecer a noticia, fontes da adega manifestaron o seu "asombro" polos recoñecementos obtidos pola revista máis importante despois do mediático Robert Parker: a revista bimensual do crítico Stephen Tanzer, quen no seu número de setembro e outubro, seleccionou seis viños con 92 puntos; 90 e 91 o resto.

Para a adega, este premio supón "un gran alento'' para este equipo de xente nova capitaneado por Ricardo Carreiro, que pertence a unha longa saga de viticultores que desde 1978 decídese pasar á elaboración dos seus propios viños en Gomariz.

Actualmente, esta adega realiza unha porcentaxe de vendas a outros países "moi elevado", principalmente de Treixadura, que representan "a gran tendencia do momento".

Recentemente, o xornal The Irish Sun recomendaba nun artigo o consumo de Treixadura, unha uva que "chegará a ser tan grande - se non máis aínda- que o Albariño nos próximos anos", reflectiron.

Comentarios