WhatsApp lanza os chats privados en grupos

Este novo elemento da aplicación de mensaxería era demandado desde hai tempo polos consumidores

Logo de WhatsApp en la pantalla de un móvil
photo_camera Logo de WhatsApp na pantalla dun móbil

WhatsApp  estase a renovar para facer fronte a competidores coma Telegram ou Line. O último en chegar á aplicación de mensaxería é unha ferramenta moi demandada polos usuarios, os chats privados en grupos.

Con este novo elemento poderemos mencionar a alguén nun grupo co obxectivo de que só esa persoa lea a mensaxe e pasar a abrir un novo chat (noutra fiestra) con ela.

Ata agora podiamos mencionar a unha persoa no grupo, pero desde este momento ao facelo podemos optar por que ese individuo sexa o único que lea o mensaxe.

Comentarios