Xosé Manuel Piñeiro agradece o apoio recibido tras anunciar que padece un cancro

Numerosas figuras públicas escribiron nas redes sociais mensaxes de ánimo ao comunicador ourensán

Piñeiro, o pasado venres en 'Luar'. TVG
photo_camera Piñeiro, o pasado venres en 'Luar'. TVG

Xosé Manuel Piñeiro, histórico presentador da Televisión de Galicia, agradeceu este domingo as "mostras de cariño e apoio recibidas" tras anunciar o pasado venres que deixa temporalmente a televisión a causa dun cancro.

Non teño palabras suficientes para agradecer tantas mostras de cariño e apoio recibidas. Gracias a todos e gracias ao xornalismo galego polo tacto e a profesionalidade. Quero decirvos q vou mellorando día a día e que nunca esquecerei q estivestes aí nos momentos duros. Bicos mil. pic.twitter.com/Ngc60HZSLk

— Xosé Manuel Piñeiro (@sup3rpinheiro) 4 de noviembre de 2018

O comunicador tamén recibiu mostras de apoio a través das redes sociais. Figuras públicas como os actores Pepo Suevos e Antonio Mourelos, o alcalde de Ourense Jesús Vázquez, o físico Jorge Mira, os xornalistas Kiko Novoa, Alfonso Hermida, Alejandro Macías e Lucía Rodríguez, as actrices Diana Nogueira e Lucía Regueiro ou o escritor Diego Ameixeiras escribiron mensaxes de ánimo a Piñeiro en Twitter. 

Moito ánimo, @sup3rpinheiro. Unha aperta forte.

— Diego Ameixeiras (@diegoameixeiras) 3 de noviembre de 2018

Xa vistes que @sup3rpinheiro é un tipo único, entregado á súa profesión e á súa xente. Un exemplo singular de comunicador que ama o seu oficio e que respecta infinitamente aos seus seguidores. Poñerlle súper ao apelido non foi casual. Todo en el é Súper. Como o noso amor. Súper.

— Kiko Novoa (@kikonovoa) 3 de noviembre de 2018

Valente e emocionante Pi @sup3rpinheiro . En nadiña xa estarás nas nosas pantallas!!💪😘😘

— Diana Nogueira (@DianaNogueiraTV) 3 de noviembre de 2018

showman ourensán anunciaba hai dúas semanas que tomaría un tempo de descanso e Lucía Regueiro pasaba a presentar o Bamboleo, programa emitido na Televisión de Galicia todos os sábados.

Na conversa entre Gayoso e Piñeiro falaron de como o presentador logrou sacar forzas para seguir cantando e como foi o seu cambio de vida coa enfermidade.

"Se as cousas van indo como ata agora, espero volver estar no Bamboleo moi pronto", rematou antes de cantar unha canción "que non hai mellor momento para cantar que este".

Comentarios