"Eu poño a variña e ti pos o coello": o espectáculo que xerou a polémica

Estupor ante o anuncio dun show de maxia erótica que se celebrará o sábado na Casa da Cultura de Melide
El cartel y el mago responsable del show
photo_camera El cartel y el mago responsable del show

"Que é iso da maxia erótica?", "Só fará trucos ou tamén se espirá?", "Fará a actuación en bólas?", "Este bota uns pos e desaparece". É un espectáculo de maxia, alternativo aos streptease, as drag queen e os antiboys, onde prima o humor, a picardía sen chegar a ser soez , o respecto ao público presente e por suposto, a maxia realizada cuns particulares instrumentos de traballo: Consoladores,  preservativos e todo o que poida aparecer nun tuppersex". Así se explica na web de David O Mago en que consiste o show que se realizará este sábado na Casa da Cultura de Melide. E é que o anuncio do espectáculo xerou moito balbordo porque se anuncia cunha cartelería que di "Eu poño a variña e ti pos o coello". 

Desde o Concello matizaron que se trata dun espectáculo de maxia cómica e non pornográfico nin ofensivo. A pesar de todo a polémica e os comentarios xocosos non cesan e o asunto xa foi obxecto do faladoiro do Galicia por diante da Radio Galega. 

Comentarios