Aparece o cadáver dun home nunha cala de Ribadeo

Trátase dun cidadán alemán cuxo corpo aparentemente leva varios días na auga

El cadáver, en la cala de A Areosiña, en Ribadeo. JOSÉ Mª ÁLVEZ
photo_camera O cadáver, na cala da Areosiña, en Ribadeo. JOSÉ Mª ÁLVEZ

Un home apareceu flotando sobre as catro da tarde nunha cala da costa ribadense, concretamente nunha cala da parroquia ribadense de Piñeira denominada A Areosiña. Aparentemente ten uns corenta anos e o seu corpo presenta todos os indicios de levar varios días na auga porque ten certo estado de descomposición. As costas do home atópanse moi escurecidas polo tempo que leva no mar.

As forzas de seguridade puideron determinar rapidamente a nacionalidade do home porque levaba encima a documentación que determina a súa orixe alemá. Ademais atoparon no seu poder un cartón de embarque para un voo, o que fai pensar que se poida tratar dun viaxeiro dese país nórdico, aínda que polo momento non está claro en que lugar puido caer ao mar.

Ata o lugar desprazáronse os axentes da Garda Civil, Policía Local, os bombeiros de Barreiros ou Protección Civil de Ribadeo e esperaban á chegada do xuíz de garda para proceder ao levantamento do cadáver. Tamén se desprazou ao lugar o alcalde ribadense para ofrecer a axuda municipal necesaria nestes casos.

A voz de alarma deuna un matrimonio que pasea a miúdo polo lugar e viron o corpo flotando, polo que avisaron á Policía Local, que foi a que avisou posteriormente para o despregamento do operativo.

Comentarios