Aparece un cadáver nunha canle en Monforte

Foi achado nas Barrioncas e de momento descoñécese a súa identidade
Lugar donde apareció el cadáver en Monforte
photo_camera Lugar donde apareció el cadáver en Monforte

Un cadáver apareceu este xoves nunha canle de auga situado na parroquia monfortina das Barrioncas. O 112 informa de que o corpo quedou atrancado nun sumidoiro nunha zona destinada antigamente ao baño.

O 112 tivo constancia do achado ás 14.30 horas, a través dunha alerta da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

Foron mobilizados efectivos de Urxencias Médicas, Bombeiros de Monforte, Protección Civil e a Policía Nacional. O cadáver xa foi recuperado aínda que por agora descoñécese a súa identidade.

Comentarios