Arde o sistema de aspiración dunha fábrica de automoción no Porriño

O lume orixinouse na zona de soldadura da nave, situada no polígono das Gándaras

O sistema de aspiración dunha fábrica de pezas para automóbiles ardeu na noite deste mércores no polígono das Gándaras, no municipio pontevedrés do Porriño, informaron fontes do 112.

Un particular deu a alerta ás 23:00 horas deste xoves e indicou que o lume se orixinou na zona de soldadura da fábrica.

Os Bombeiros do Porriño encargáronse dos labores de extinción do incendio, no que non se rexistraron danos persoais.

Foron avisados a Garda Civil, os Bombeiros de Vigo e Baixo Miño, Protección Civil e o servizo de Medio Ambiente da Xunta.

Comentarios