Arde un vehículo tras sufrir unha saída de vía en Ourense

O suceso rexistrouse ás 06:45 horas deste domingo
Vehículo calcinado en Ourense. BOMBEIROS DEPUTACIÓN
photo_camera Vehículo calcinado en Ourense. BOMBEIROS DEPUTACIÓN
Un vehículo sufriu un incendio tras sufrir unha saída de vía cando circulaban pola estrada CV-401, ao seu paso polo concello de Ourense.

O suceso rexistrouse ás 06:45 horas deste domingo, momento no que os servizos sanitarios de urxencia informaban o Centro Integrado de Atención ás Urxencias (CIAE) 112 Galicia dun accidente na estrada que une as localidades de Santa Mariña e Seixalbo.

De inmediato, o persoal do 112 Galicia informou do sucedido aos Bombeiros de San Cibrao e Ourense.

Ademais, solicitouse a colaboración dos axentes da Garda Civil Tráfico, dos membros do GES de Pereiro e persoal da Policía Local da localidade.

Finalizada a súa intervención logo de sufocar o lume, os bombeiros comunicaron ao 112 Galicia que o turismo afectado ardeu na súa totalidade.