Arden varios coches de forma simultánea en Teo

As primeiras hipóteses apuntan a que os lumes foron intencionados

Polo menos cinco coches foron calcinados na madrugada deste domingo en varios puntos do municipio coruñés de Teo.

Os bombeiros tiveron que acudir aos Tilos, onde foron catro os vehículos afectados polas chamas, e a Montouto, onde tiveron que sufocar outro lume en polo menos un vehículo.

Ambos os lugares están separados por escasamente un quilómetro e todas as hipóteses apuntan a que os incendios foron obra dunha persoa ou un mesmo grupo.

Algunhas fontes veciñais alertaron de que o número de vehículos calcinados pode ser maior que os cinco confirmados.

Comentarios