Asasina á súa muller en Zaragoza e suicídase

Con esta muller, o número de vítimas mortais a mans das súas parellas ou exparellas no que vai de ano ascende a 30

Vista del portal donde se han encontrado los cuerpos sin vida de las dos mujeres. TONI GALÁN (EFE)
photo_camera Cartel de repulsa contra a violencia machista.AEP

Unha muller foi asasinada á primeira hora da mañá deste xoves en Zaragoza e o agresor, presuntamente o seu marido, quitouse a vida, segundo informaron fontes da Policía Nacional. O novo caso de violencia machista produciuse no domicilio que ambos compartían no barrio de Casabranca da capital aragonesa e a Policía Nacional recibiu o aviso ás 8.00 horas.

O matrimonio tiña uns 60 anos. 

Con esta muller, o número de vítimas mortais a mans das súas parellas ou exparellas no que vai de ano ascende a 30 (hai un máis en investigación) e trátase do segundo caso rexistrado en Aragón en 2018.

Comentarios