sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Buscan a un peregrino coreano en Fisterra

Un grupo de percebeiros atopou a súa mochila aparentemente abandonada e non hai noticias sobre o paradoiro do seu propietario, aínda que ninguén denunciou a súa desaparición

No concello de Fisterra buscan desde o sábado a un peregrino coreano de 41 anos despois de que un grpo de percebeiros atopase a súa mochila aparentemente abandonada. Os intentos de localizar ao seu propietario resultaron ata o momento infrutuosos, a pesar de que o home, que ao parecer realizaba o Camiño de Santiago en solitario, tiña pagada a habitación ata este luns nun hostal no que non teñen noticias do seu paradoiro. E tampouco hai ningunha denuncia sobre a súa desaparición.

Por iso mesmo, non se emprendeu aínda unha procura oficial, aínda que desde o Concello xa se realizaron as primeiras xestións coa Garda Civil. Hai un ano desapareceu nesa mesma zona un home que posteriormente apareceu morto mergullado na auga.

Buscan a un peregrino coreano en Fisterra
comentarios