Cinco persoas resultaron feridas en dous accidentes en Mos e Lalín

Os dous sinistros rexistráronse ao redor das 15.00 horas deste mércores

Cinco persoas resultaron feridas de diversa consideración durante este mércores en Mos e Lalín, segundo informa o CAE 112.

No primeiro caso, tres persoas foron trasladadas ao hospital polos servizos sanitarios tras sufrir un accidente sobre as 15.00 horas nunha saída da vía A-55, no punto quilométrico trece. 

En Lalín, minutos antes, dúas persoas resultaban feridas a consecuencia dunha colisión entre dous turismos na N-525. O sinistro rexistrouse na parroquia de Prado, ao redor das 14.41 horas. 

Comentarios