Tres coches chocan en Arzúa e un acaba encaixado nunha marquesiña

Os ocupantes dos vehículos puideron saír sen a axuda dos equipos de excarceración.

Unha colisión múltiple con tres vehículos implicados deixou este luns unha persoa ferida no concello coruñés de Arzúa. O accidente produciuse ás 15.00 horas na N-547 e a vítima requiriu asistencia médica, polo que foi trasladada en ambulancia ao momento de atención continuada (PAC) da localidade.

Segundo informou o centro de atención ás urxencias, foi un particular quen contactou co 112 para informar da colisión que, ademais, complicou a circulación no lugar, xa que un de nbsp;os& tres coches que chocaron acabou encaixado nunha marquesiña. Os ocupantes dos vehículos puideron saír sen a axuda dos equipos de excarceración.

Comentarios