Un condutor foxe tras causar un accidente mortal en Mallorca

O suceso, que está a ser investigado, tivo lugar sobre as cinco da mañá deste sábado

Un condutor fuxiu a pé despois de presuntamente provocar un accidente de tráfico mortal na autovía Palma-Manacor no que perdeu a vida outro condutor, informou a Efe a Garda Civil.

O suceso, que está a ser investigado, tivo lugar sobre as cinco da mañá cando chocaron dous vehículos, un de cuxos condutores faleceu e o outro marchou do lugar, aínda que horas despois foi localizado pola Garda Civil.

Minutos despois desta primeira colisión dous coches máis chocaron cos automóbiles que estaban na metade da autovía, rexistrándose varios feridos leves, sinalaron desde o 061.

O suceso produciuse no quilómetro 15 da autovía Palma-Manacor, á altura das costas de Xorrigo, en dirección a Palma.

Horas despois do suceso os axentes a cargo da investigación deron co paradoiro do condutor fuxido e conducírono á Comandancia da Garda Civil en Palma para que preste declaración sobre o sucedido.