Continúa a actividade sísmica en Galicia cun novo tremor en Culleredo

Trátase do oitavo desde o pasado sábado, cinco deles en Lugo

O municipio coruñés de Culleredo rexistrou este mércores un tremor de 1.9 grados na escala mbLg. Non foi percibido pola poboación nin causou danos. Prodúxose sobre as tres e media da tarde.

Trátase do oitavo movemento sísmico que se produce en Galicia desde o pasado sábado. Cinco deles tiveron como epicentro a provincia de Lugo e os outros dous foron en Santiago de Compostela e no concello ourensán de Verea.

Todos os terremotos foron de baixa magnitude pero chama a atención a intensa actividade sísmica rexistrada en menos de 96 horas.

Comentarios