Rescatadas seis persoas que navegaban en kaiak en Muros ao estar rodeadas de golfiños

Os fortes correntes non axudaron a retomar o control das embarcacións nas que viaxaban dous menores
El delfín Manoliño. XUNTA
photo_camera O golfiño Manoliño. XUNTA

Salvamento Marítimo rescatou a seis persoas que navegaban en dous kaiaks fronte á praia de San Francisco, en Muros, debido aos problemas que tiñan para regresar a terra polas correntes na zona.

Unha das persoas que ía nos kaiaks avisou ao 112 Galicia sobre as 18.00 horas de que navegaban fronte á praia de San Francisco, en Louro, pero se afastaron da liña de costa do areal e a corrente non lles permitía regresar á beira. Ademais, sinalaba que as embarcacións, nas que viaxaban seis persoas, entre elas, dous menores, estaban rodeada por varios golfiños. 

Así, deuse aviso a Salvamento Marítimo, que mobilizou unha embarcación para acudir ao rescate, así como ao Servizo de Gardacostas de Galicia. 

Tamén foron informados os socorristas da praia de San Francisco, a Garda Civil, a Policía Local e Protección Civil de Muros. Todo os ocupantes da embarcación puideron ser rescatados por Salvamento en bo estado. 

Noutra orde de cousas, Salvamento Marítimo tamén tivo que acudir en auxilio dunha embarcación de recreo que sufriu unha avaría mecánica a 1,2 millas náuticas de Punta de Festiñanzo. O buque Sebastián de Ocampo remolcouna ao porto de Bueu.