Comisan 1.185 quilos de ameixa ilegal nunha peaxe da AP-9

Un total de 1.185 quilogramos de ameixa extraída ilegalmente foi comisada no interior dunha furgoneta na zona de peaxe da autoestrada AP-9 no municipio pontevedrés de Vilaboa, informou hoxe a Garda Civil.
 
A ameixa era das variedades fina, babosa e xapónica, procedía da zona de Aveiro, en Portugal, e era transportada a unha depuradora, pero tiñan unha talla inferior á legal e a mercadoría non dispuña da preceptiva guía de circulación, indicaron as fontes.
 
O marisco foi interceptado no interior dun vehículo da marca Peugeot Partner por axentes da Garda Civil que ordenaron o traslado ao porto de Marín para o seu rexistro e a correspondente tramitación da denuncia.
 
Posteriormente, o marisco foi vertido á ría e o vehículo requisado na Delegación de Pontevedra da Consellería do Mar.

Comentarios