Desaloxan 70 vivendas por un incendio declarado nun edificio de Salvaterra

Dúas persoas foron trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro por inhalación de fume

Efectivos españois e portugueses participaron este venres na extinción dun incendio declarado no primeiro piso dun edificio en Salvaterra de Miño, no que dous persoas tiveron que ser trasladadas ao Hospital Álvaro Cunqueiro por inhalación de fume. 

O lume provocou que ardese a cociña, o salón e o baño dunha das vivendas e o fume afectou o resto de pisos do edificio. En total foron evacuadas unhas 70 vivendas, segundo informou o 112 Galicia. Ademais, no apartamento no que se produciu o lume había varios animais e un deles, un cachorro de can, faleceu. 

Os feitos ocorreron nun inmoble de catro pisos situado na rúa Castelao, ao redor das 12.45 horas. A central de emerxencias deu o aviso aos bombeiros de Ponteareas e aos do Porriño, á Garda Civil, á Policía Local e ao 061. Ao operativo sumáronse os bombeiros de Monçao (Portugal).

Finalmente, o lume foi extinguido e as persoas desaloxadas puideron regresar ás súas vivendas, excepto á que ardeu.

Comentarios