Desaloxan un edificio en Ferrol pola rotura dunha tubaxe do gas

Ao decatarse do percance, os veciños cortaron a chave de paso

Un inmoble da rúa Mestre López Dafonde, no barrio ferrolán de Telleira, foi desaloxado esta tarde por mor da rotura dunha tubaxe de gas na fachada do edificio, indicaron a Efe fontes do corpo de bombeiros da cidade. Estes acudiron á chamada do 112, pouco despois das 17.30 horas e procederon a desaloxar o inmoble sen que se rexistrasen danos persoais.

Ao decatarse da rotura, foron os propios veciños os que cortaron a chave de paso do gas para evitar danos maiores. Urxencias desprazou unha ambulancia e mobilizou á Policía Local, así como aos técnicos de Repsol, a empresa subministradora, para reparar o tubo.

Comentarios