Detido en Vigo tras ameazar aos usuarios do centro de saúde de Coia

A Policía tivo que realizar disparos intimidatorios para disuadir ao arrestado, que blandía unha arma branca

Un home foi detido en Vigo a última hora da tarde deste venres tras ameazar con arma branca a usuarios dun centro de saúde de Coia.

Segundo informaron fontes policiais, o suceso produciuse a última hora da tarde deste venres no centro de saúde da rúa Tui, no barrio de Coia.

As mesmas fontes explicaron que o home se achaba no centro de saúde ameazando aos usuarios cunha arma branca.

SEN FERIDOS. Tras recibir a alerta, a Policía desprazouse ata o lugar dos feitos e trataron de falar con el, pero en vista de que non depuña a súa actitude, os axentes chegaron a realizar varios disparos intimidatorios ao aire. Finalmente, o home foi reducido e detido sen que se rexistrase ningún ferido.

Comentarios