Detido un mozo por asaltar dúas casas en Castro de Rei e Guitiriz

Un mozo lucense, de 24 anos, foi imputado por axentes da Garda Civil como suposto autor de dous delitos de roubo, polo asalto a sendas vivendas nos municipios de Castro de Rei e Guitiriz, nas que se apoderou de diversos obxectos de valor, fundamentalmente de xoias.

Segundo informou o instituto armado nun comunicado, os feitos sucederon en maio deste ano, cando o suposto autor dos roubos, veciño da parroquia lucense de Rubiás, entrou pola forza en ambas vivendas e fíxose coas xoias, para despois vendelas nun establecemento de compra-venda de ouro da capital lucense.

A persoa imputada foi posta a disposición da autoridade xudicial.

Comentarios