martes. 19.01.2021 |
El tiempo
martes. 19.01.2021
El tiempo

Detido un veciño de Caldas por dous roubos nun bar en apenas 13 días

Unha das veces levou a recadación do comecartos e da caixa e outra, só a da máquina recreativa

Un home de 60 anos, veciño de Caldas de Reis, foi detido pola Garda Civil como presunto autor de dous roubos cometidos nunha marxe de apenas trece días nun bar da localidade.

Segundo informou o instituto armado, o primeiro dos dous roubos neste establecemento, situado na parroquia de Saiar, cometeuno o pasado 25 de xaneiro.

Os investigadores lograron determinar que o detido forzou unha das fiestras exteriores do bar e, unha vez no seu interior, fracturou a máquina recreativa para roubar a recadación e subtraeu tamén o diñeiro que estaba na caixa rexistradora.

Trece días despois, o 8 de febreiro, o home volveu entrar no mesmo bar e, utilizando o mesmo procedemento, levou o diñeiro que había na recreativa. En total, nos dous roubos apoderouse, segundo a Garda Civil, de máis de 2.000 euros. O detido foi posto a disposición do Xulgado de Instrución de garda de Caldas de Reis.

Detido un veciño de Caldas por dous roubos nun bar en apenas 13 días
comentarios