Detido en Ribadumia un condutor sen puntos nin seguro que se fugou tras chocar contra unha moto

O condutor, de 21 anos, deuse á fuga tras chocar contra un ciclomotor con dous ocupantes que resultaron feridos leves

A Garda Civil detivo a un veciño de Meaño por conducir sen puntos nin carné nin seguro tras chocar contra unha moto.

O condutor, A.V.A., de 21 anos, chocou na Volkswagen Golf que conducía na EP-9402, en Ribadumia , contra un ciclomotor con dous ocupantes, que resultaron feridos leves e aos que non cedeu o paso.

O home deuse á fuga e deixou abandonado o coche en Seixiños-Dena, pero foi identificado polos axentes, que comprobaron que esgotara os puntos do carné de conducir e que o coche nin era seu nin estaba asegurado.

O instituto armado considérao responsable dos delitos contra a seguridade, lesións e omisión do deber de socorro que instruirá o Xulgado de Instrución número 3 de Cambados.

Comentarios