Dous feridos, un grave, nunha colisión en Carballo

Dúas persoas resultaron hoxe feridas, unha delas de gravidade, nunha colisión entre dous turismos na localidade coruñesa de Razo, en Carballo, informa Urxencias 112.

O sinistro ocorreu pasadas as 18:30 horas desta tarde na estrada de Razo, onde tras o choque frontolateral, un dos turismos envorcou sobre a beiravía.

A consecuencia do impacto, unha muller sufriu feridas graves ao quedar atrapada no interior do vehículo, polo que foi requirida a intervención dos bombeiros para axudar a rescatala.

Os servizos sanitarios de urxencia evacuaron ademais a outra persoa ferida neste sinistro, en cuxo operativo participaron efectivos de Urxencias, Garda Civil de Tráfico e Urxencias Médicas.

Comentarios