Dúas persoas feridas, entre elas unha nena, nunha colisión en Rianxo

O accidente rexistrouse na parroquia de Taragoña, en dirección a Campo Maneiro

Unha colisión entre dous vehículos rexistrada este xoves en Rianxo deixa dúas persoas feridas. Unha das vítimas é unha nena de oito anos. O sinistro tivo lugar na parroquia de Taragoña, na estrada que vai a Campo Maneiro.

O 112 Galicia tivo coñecemento do accidentes minutos antes das 9.00 horas, a través dun aviso de Urxencias Médicas. Pola súa banda, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 alertouse aos Bombeiros de Boiro, a Protección Civil, á Policía Local e á Garda Civil de Tráfico.

Os efectivos de urxencia procederon á limpeza da vía.

Comentarios