Dous feridos nunha colisión entre un camión e un turismo en Vimianzo

O sinistro tivo lugar na AC-432, a estrada que une a localidade con Camariñas

Un accidente de tráfico entre un camión cisterna e un turismo deixou dúas persoas feridas este mércores en Vimianzo. O sinistro tivo lugar na AC-432, a estrada que une a localidade con Camariñas.

Unha persoa particular contactou co 112 Galicia minutos antes das 19.30 horas para alertar do ocorrido. O persoal do Centro de Atención ás Emerxencias informou a Urxencias Médicas e os Bombeiros de Cee, que tamén se desprazaron ata o lugar. Alertouse ademais a Policía Local, a Protección Civil e a Garda Civil de Tráfico.

Os efectivos sanitarios trasladaron as dúas persoas feridas a un hospital.

Comentarios